AVISO LEGAL

 

BITNÓS é o nome comercial baixo o que presto os meus servizos de consultoría en protección de datos e privacidade dixital, mais a miña identidade real, ao voltar para a bat-cova, é a seguinte:

Miguel Garcia Nogales
NIF 36166973W
Domicilio social: Oxén 28, 32140 Vilamarín (Ourense – Galiza)
E-mail: bitnos@bitnos.info.

Estes son, tamén, os meus datos de contacto como responsábel de tratamento de datos de carácter persoal. Así que aproveito para te informar de que os datos persoais que me entregues ao utilizar as vías de contacto propostas neste web (como por exemplo o teu nome, o teu enderezo de e-mail ou o teu número de teléfono), serán tratados por min con base no meu interese lexítimo de non deixar ningunha consulta sen resposta, ou o que ven sendo o mesmo, de non quedar de maleducado. Podes ter a seguridade de que non cederei os teus datos a ninguén e, se finalmente non me encargas ningún traballo, eliminareinos da miña axenda cando as tuas dúbidas ou suxestións estexan resoltas.

Sempre que non sexas unha empresa, un robot ou cualquer outro bicho non humano, podes exercer os teus dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade dirixíndote a min via e-mail. Se consideras que os teus dereitos no que respeita á protección de datos foron vulnerados, podes mesmo presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.