Dispositivos Encriptados

A lexislación en materia de protección de datos exixe que a túa empresa adopte as medidas técnicas mais avanzadas para garantir a seguridade dos datos con que traballa (Artigo 32 do RXPD).

Ademais, a nova LOPD obríganos a conservar “bloqueados” durante un período de ate 3 anos os datos que queiramos suprimir ou rectificar, “adoptando medidas técnicas e organizativas para impedir o seu tratamento, incluíndo a súa visualización” (Artigo 32 da LOPD-GDD).

Que medidas técnicas temos na nosa mao para cumprir con esta obriga legal? Encriptar a información non só está hoxe ao alcance de calquera, senon que é a única medida técnica que pode garantir a confidencialidade dos datos en formato dixital.

En BITNÓS preparamos dispositivos de armacenamento para que cumpran coas medidas de seguridade que exixe a lei: ciframos pendrives, tarxetas de memoria e discos duros externos, para que podas gardar neles os teus datos e as tuas copias de seguridade, coa certeza de que só tu poderás acceder a eles.

Pendrive cifrado Cifrado USB 3.0