Internet segura en calquera parte

Cando a través de internet circula o noso traballo, o noso diñeiro, os datos persoais dos nosos clientes ou a nosa intimidade, securizar a nosa conexión é unha medida de privacidade e responsabilidade básica, e en moitas ocasión unha exixencia legal. Porén, a realidade é que habitualmente nos vemos na obriga de utilizar redes ou servizos que non controlamos, comprometendo a información que enviamos a través deles.

Desde BITNÓS podemos axudarte a resolver este problema ofrecéndoche solucións de cifrado que garantan que, ao almacenarse nun servizo online externo ou viaxar por redes inseguras, os teus datos sexan completamene inaccesíbeis:

  • Implementamos solucións de cifrado ponta-a-ponta para a túa nube, para que  Dropbox ou Google non teñan acceso aos datos que almacenas nos seus servidores.

  • Instalamos a túa propia Rede Privada Virtual (VPN, polas súas siglas en inglés), para que o teu tráfico sexa dirixido de forma segura desde onde te encontres (por exemplo unha cafetería ou un aeroporto) até a túa rede empresarial ou doméstica.

  • Ofrecemos servizo de VPN desde os nosos propios servidores, garantíndoche unha navegación segura e privada desde calquera rede.