O que en papel era privado, continúa a ser privado

Os dispositivos e servizos dixitais chegaron para mellorar as nosas vidas, mais trouxeron consigo un contraponto problemático: a nosa vida privada pasou a ser rexistrada e almacenada en dispositivos e servidores que non controlamos. Onde estamos, con quen falamos, que decimos, lemos, vemos ou pensamos, con quen e como nos relacionamos, no presente e no pasado… poden ser agora datos de acceso público, se non tomamos as medidas adecuadas para protexelos.

En BITNÓS formamos persoas sen coñecementos avanzados de informática para aprenderen a protexer a sua vida dixital coas ferramentas mais seguras.

Tamén ofrecemos solucións tan simples como robustas a profisionais que manexan datos persoais especialmente sensíbeis (médicos, psicólogos, advogados…), a persoas baixo vixilancia (vítimas de acoso,  xornalistas de investigación, activistas, persoas públicas…) ou persoas para as que é importante o secreto profisional (criativos, investigadores, diretivos, contábeis…).