Eliminación segura de datos dixitais

É habitual que as empresas conserven datos persoais de clientes antigos, e tamén que se desfagan de dispositivos dixitais obsoletos ou estragados sen ter procedido a unha limpeza profesional dos mesmos. Son erros que, desde o 25 de Maio de 2018, o Regulamento Xeral de Protección de Datos castiga con sancións severas.

Sabias que cando o noso sistema operativo “elimina” un arquivo en formato dixital (mesmo cando baleiramos a lixeira ou borramos con “Shift+Supr”), o que fai non é limpalo do disco, senón simplemente sinalar o espazo como reutilizábel? A lei obríganos a eliminar todos os datos de carácter persoal que xa non resulten necesarios para o fin para o que foron obtidos, pero quen teña acceso a un disco que non foi borrado correctamente, podería ter acceso á maioría dos datos que algunha vez foron escritos en el.

Desde BITNÓS podemos implementar na tua empresa ferramentas avanzadas de eliminación segura de datos, ou encargarnos directamente da limpeza dos teus dispositivos antes de seren reciclados. Tornamos completamente irrecuperábel a información que algunha vez foi rexistrada no disco, garantindo a súa confidencialidade e axudándote a cumprir coa normativa de protección de datos.